Con Follas novas Rosalía creou un universo novo e
extremadamente persoal, no que o puro lirismo intimista acada a máis alta
realización artística, alén das vivencias estéticas, nunha continua e
angustiada pregunta sobre o sentido da existencia humana.
A poesía que se recolle nesta obra revela a
conflitividade dun mundo no que non existen valores eternos e verdades
absolutas, e onde o ser humano atópase totalmente só.
É a cosmovisión pesimista
e angustiada a que transluce a crise de valores da sociedade capitalista fronte
á seguridade da sociedade patriarcal, que aparece en descomposición pola acción
daquela.
2 comentarios:
La existencia humana y el azar... la fragilidad y el dolor.
Me gusta mucho Rosalía.
Es para llorar, sollozar Y RECLAMAR muchas cosas para que no vuelva a ocurrir.
Publicar un comentario